Inicio Ponte a Europa

Ponte a Europa

Ponte a Europa é un un intercambio cultural entre Pontevedra, Sardiñeiro e outros puntos de Europa a través dunha plataforma virtual con formato blog.

O fí­o condutor serán videos e recursos relacionados cos lugares que colaboran no proxecto: Helsinki, Sheffield, Oxford, Cork, Birmingham, Zadar, Berlín e Varsovia.

En Galicia, os tres colexios participantes de Xeve, Campañó e Lérez.

O alumnado dos CEIP San Benito Lérez, CEIP Santo André de Xeve, CEIP de Parada-Campañó do Concello de Pontevedra e 9 colaboradores/as en 8 cidades de Europa coordinados por Isaac Xubín.

A través de varias sesións nos colexios os rapaces e rapazas introducirán contidos no blog. Elementos como persoas, familiares, historias, receitas, festas, espazos, etc. a vida cotiá en xeral, serán recursos a ter en conta.

Só poden participar os alumnos e alumnas dos centros (eles/as son os protagonistas deste proxecto) ou os 9 colaboradoes/as espallados por Europa. Pero si que podes ollar o que se publica ou darlle un “gústame” ao que comparten.

Se tes algo que contarnos escríbenos a palmira@mimadrinha.com suxerindo ideas, conversas, propostas ou o que queiras. Nós valoraremos o contido e de ser axeitado compartirémolo.

Ponte a Europa está promovido polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, deseñado e xestionado por Nova Xestión Cultural en colaboración con Palmira Castro (mimadriña.com) que coordina a acción educativa, co apoio do equipo docente de lingua galega dos centros participantes.

O contido de Ponte a Europa é propiedade dos seus autores, non se pode utilizar sen o seu permiso.

O código fonte da web será liberado ao final do proxecto, coa idea de que poida ser de utilidade para outros proxectos similares.

Ponte a Europa é un proxecto en proceso que toumou como inspiración outros proxectos anteriores na rede (Amores prohibidos 2.0, eufalo.tv, viladedenantes ou Galego en Londres). A partir destas ideas iniciais creamos esta plataforma.

A web fíxoa lercha.eu. Foi presentada o 29 de xaneiro de 2015. Para a súa programación e deseño utilizouse software libre. Corre baixo CentOS con Apache. O software que utiliza foi deseñado exclusivamente para esta web e será liberado ao final do proxecto.

Novas de Ponte a Europa

REDES SOCIAIS

0SeguidoresSeguir
1,628SeguidoresSeguir
413SubscritoresSubscríbete

NOVAS DESTACADAS