
O grupo de teatro do SNL é unha iniciativa impulsada desde o Servizo de Normalización Lingüística para promover o uso do galego e o enriquecemento da lingua a través da improvisación e a creatividade teatral. Está orientado a persoas de entre 18 e 30 anos e está pensado para traballar dinámicas que favorezan o uso da lingua galega nun contexto de ocio, diversión e de expresión creativa. A través de técnicas de improvisación, as persoas participantes van expresando e creando de xeito colectivo e cun enfoque diverso e crítico.
Os ensaios de 2025, guiados por Vicky Estévez, terán lugar desde o 5 de febreiro ata o 25 de xuño, os mércores de 19 a 21 no Centro Sur (Campolongo). Ao remate da actividade, o grupo fará unha montaxe final aberta ao público.
As prazas son limitadas. Para solicitar unha cómpre enviar un correo electrónico a normalizacionlinguistica@pontevedra.eu indicando: nome completo, idade, teléfono de contacto e enderezo electrónico.