Inicio Para ti Enreguéifate

Enreguéifate

Enreguéifate é un proxecto que apoia a difusión da improvisación oral en verso tradicional galega (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.

O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.

O 10 de marzo remata o prazo para enviar os vídeos regueifando e participar no Enreguéifate 2022-23. Podes ler no web do Enreguéifate as bases completas do certame.

REDES SOCIAIS

1,284FansGóstame
1,390SeguidoresSeguir
135SeguidoresSeguir
413SuscriptoresSuscríbete

NOVAS DESTACADAS