En3vistas é un programa da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra que trouxo ás rúas e prazas da cidade persoas que se teñen significado polo seu uso da lingua galega en diferentes espazos e contextos, facéndoa visible e dignificándoa en diferentes contextos.
Realizáronse 3 edicións, en 2020, 2021 e 2022. As En3vistas de 2020 contaron coa presenza de María Mera, Javier Olleros e Kin, Sabela Ramil e Patricia Hermida, e Cora Velasco e Marcelo Dobode. No 2021 participaron Álex Regueiro e María Viqueira, Masakazu Shida e Mounqup, Darío Lago e Iria Veiga, Carlos Blanco e David Amor, e Pili Pampín e Ortiga, que foron entrevistados por Chus Gómez Dorrego. A edición de 2022 foi conducida por Susana Pedreira e as persoas entrevistadas foron Sés e Baiuca, Ledicia Costas, Antía Otero e Dores Tembrás, Elena Ferro e Jordi López, Loli Beloso e Ángel Carracedo, e Nee Barros, María Rúa e Éric Dopazo.