Falamos

FALAMOS logotipo

Falamos foi un proxecto promovido polo Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo durante os anos 2020 e 2021 coa finalidade de activar o uso do galego entre a mocidade universitaria da nosa vila. Ofrecía espazos de socialización en galego a través de diversas actividades: grupo de teatro, obradoiros de cociña, club de lectura ou voluntariado lingüístico.

Se estudas no campus de Pontevedra, esta proposta é para ti e contigo. Queremos artellar actividades para e coa mocidade do campus de Pontevedra para socializar, facer amizades, aprender, divertise… en galego.
Puxémola en marcha a Universidade de Vigo e mais o Concello de Pontevedra porque cremos que a potencia da nosa lingua vai máis alá de ser un simple instrumento de comunicación. Queres sumarte á comunidade?

PARTICIPA!

Durante este curso vai haber unha chea de actividades, a única condición para participar é falar en galego! Inscríbete no formulario premendo aquí e manterémoste informado/a!

TES PROPOSTAS?

Ademais de inscribirte e participar nas actividades, se tes dúbidas ou queres facernos chegar as túas propostas, podes usar este formulario de contacto.

ACTIVIDADES

Para participar nas actividades é preciso:

  1. Formar parte do programa Falamos; podes solicitar a inscrición en https://apuntate.pontevedra.gal/falamos/
  2. Apuntarte nas actividades no prazo de inscrición: https://apuntate.pontevedra.gal/falamos/. As prazas cóbrense por orde de inscrición e o prazo para apuntarse xa comezou.
  3. Antes do comezo das actividades porémonos en contacto contigo para indicarche se tes ou non praza e, de tela, convocándote á primeira sesión.

Onde e cando

Toda a información práctica das actividades publicarase proximamente.

Queres coñecer xente e gústache darlle á lingua? Esta actividade é para ti, tanto se es falante excelente como se tes a sensación de que che falta fluidez. Apúntate, que a falar apréndese falando!

Inicio dos grupos de conversa a principios de novembro. Porémosvos en contacto proximamente. As citas marcarédelas segundo a vosa dispoñibilidade, recomendamos que sexan semanais. Os grupos máis activos recibirán recompensas.

Esta actividade serviravos para falar a eito e mais para desenvolver habilidades expresivas, creativas e artísticas. Nesta actividade traballarase a improvisación e iredes expresando e creando de xeito colectivo, con enfoque diverso.

Actividade SEMANAL. Mércores de 18.30 a 20.30 h na Casa Azul (aquí).

Inicio: 13 de outubro. Prazas limitadas por orde de solicitude.

Se che gusta a cociña, esta é a túa actividade! Nela aprenderás algúns segredos sobre salsas, petiscos, chocolate e moitas larpeiradas máis, doces e salgadas. Ademais, poderás darlle á lingua!

Datas das sesións: 19 e 26 de outubro; 9, 23 e 30 de novembro e 14 de decembro.

Horario: Martes de 19.30 a 21 h na sala Valdecorvos da Casa Azul (aquí).

Prazas limitadas por orde de solicitude.

Propoñémosche un espazo para compartir e debater en galego lecturas de textos literarios escritos ou traducidos á nosa lingua. Alternaranse estas sesións con outras de creación literaria. A merca dos libros contará cunha bonificación, sempre que se realice nas librerías colaboradoras.

Datas das sesións: 18 e 25 de outubro; 8, 22 de novembro e 13 de decembro.

Horario: luns de 19 a 20.30 h na Casa das Campás (aquí).

Prazas limitadas por orde de solicitude.

imaxe FALAMOS - setembro 2021

ÚLTIMAS NOVAS SOBRE O PROGRAMA FALAMOS!

FALAMOS DE MÚSICA E LINGUA!

FALAMOS CON…

Falamos coa Rabela

Falamos coas Tanxugueiras

Falamos con Noelia, Sara en S.E.X.

Falamos con Amorodo

Falamos con Fátima Pego

Falamos con Touriñán

Falamos con Carlos

Falamos con García MC

Falamos con Iria, Xela en S.E.X.

DÚBIDAS?

Se tes calquera dúbida, podes escribirnos a falamos@pontevedra.gal

Concello de Pontevedra - logo Neg
A lingua Latexa - logo Gris
Area Normalizacion Linguistica UDV - logo Negro