Aquí presentamos unha mostra dalgúns dos obradoiros que se realizaron en cursos anteriores.
Todos os obradoiros estaban orientados a reforzar o traballo a prol do uso da lingua que se realiza nos centros de ensino.
Aquí presentamos unha mostra dalgúns dos obradoiros que se realizaron en cursos anteriores.
Todos os obradoiros estaban orientados a reforzar o traballo a prol do uso da lingua que se realiza nos centros de ensino.
Estas xornadas buscan promover o uso da lingua galega entre o alumnado de primaria con actividades de micoloxía; iniciando ás crianzas no coñecemento dos cogomelos habituais na súa contorna e dinamizando o uso da lingua tanto na oralidade como na escrita, asociándoa a actividades lúdicas e formativas de interese para a infancia.
Desenvolvemento: o obradoiro dívidese en catro bloques. En cada un dos centros desenvólvese:
Duración: 30/40 min para a charla e 60 min para a saída. A seguir, móntase a exposición.
Outros: non inclúe transporte, aínda que sexa necesario.
Dirixidas a: grupos de ata 35 nenas e nenos de 5º e 6º de educación primaria.
Imparte: Asociación Micolóxica Brincabois.
Cantacontos nas orellas é un obradoiro para impulsar o uso da lingua galega nas nenas e nos nenos a través de historias e da música. Os contidos adaptaranse ás idades dos grupos.
Obxectivos:
Duración: 45 minutos.
Dirixido a: grupos de ata 25 nenas e nenos de 3º de Educación Infantil.
Espazo: espazo adecuado para sentar no chan.
Imparte: Bea Campos e un músico, de Migallas Teatro.
Mentres a rapazada escoita a historia de Mario contada por un dos autores, o ilustrador realiza un mural vinculado ao conto. Comezará despois unha rolda de prensa guiada polos autores, na que os rapaces e rapazas interactúan co conto e co debuxo, de xeito que se traballa a comprensión e expresión oral das nenas e dos nenos. Para rematar, nun obradoiro de ilustración, todos xuntos, debuxarán cadanseu retrato de Mario, o protagonista do conto.
Duración: 120 minutos mínima (precisa 30 min antes para a montaxe e 10 min despois).
Dirixido a: ata 60 persoas de 4º de Educación Infantil
Espazo: un espazo en que se poida pegar un papel: encerado, muro, …
Imparte: Polo Correo Do Vento.
Neste obradoiro haberá diferentes xogos nos que se traballarán aspectos como a memoria, a observación, a expresión oral e corporal, a coordinación, o achegamento ao vocabulario de diferentes temáticas, o traballo en equipo, a identidade cultural e lingüística. Repasarán palabras relacionadas cos animais, partes do corpo, profesións, obxectos, natureza, …
Os pequenos e pequenas van competir por conseguir palabras en galego, que serán o seu tesouro a través de diversas probas, para deste xeito lograr a súa propia Verbateca, e así ir afacéndose ao vocabulario básico en lingua galega.
Duración: 75 minutos, aproximadamente.
Dirixido a: grupos de ata 30 nenos/as de 5º de Educación Infantil.
Espazo: aula grande tipo psicomotricidade ou musical.
Necesidades técnicas: toma de corrente para o equipo de son.
Imparte: Mekané Didáctica.
Nesta actividade mestúranse as áreas de lingua coas da educación física. Comunicámoslle á rapazada que se detectou un virus que atrofia os músculos do corpo, especialmente a lingua, e que temos que realizarlles unha serie de probas para coñecer o alcance de infección. Son tres probas nas que analizamos a habilidade, resistencia e velocidade lingüística, física e mental. Feitas as probas, facemos un diagnóstico e poñémoslles un tratamento para botar fóra o virus.
Duración: 80 minutos, aproximadamente.
Dirixidas a: grupos de ata 50 nenos/as de 1º e 2º de Educación Primaria.
Espazo: amplo e acolledor, con boa acústica e libre de mobiliario.
Imparte: Xandobela.
Obradoiro de xogos que non precisan de material para gozar deles: xogos bailados, xogos lingüísticos, xogos musicais… Na sesión compartiranse unha serie de enredos e dinámicas que mostran unha parte do rico patrimonio lúdico galego, aquel que se crea e se recrea no cotiá, na participación grupal e social, na oralidade e na sinxeleza e humildade para o desenvolvemento e a expresión lúdica das persoas, sen nada nas mans e nos petos.
Duración: 60/70 min aproximadamente.
Dirixido a: ata 25-30 persoas de 3º e 4º de Educación Primaria.
Espazo: amplo e acolledor, con boa acústica e libre de mobiliario.
Imparte: Xandobela.
Catro probas grupais e retos lingüísticos cunha carga lúdica importante, nas que os rapaces e rapazas porán en xogo as súas destrezas e coñecementos lingüísticos e culturais en tarefas do día a día como ir facer a compra, demostrar o seu espírito festeiro… Cada desafío superado poralles na pista para buscar e resolver o seguinte, pero non sen antes demostrar de viva voz que son realmente merecentes diso. Trabállase, pois, co léxico, coa expresión oral… a través dunha metodoloxía participativa e lúdica que garante a motivación e o divertimento (actitude positiva e receptiva), ao tempo que amplían e consolidan os seus coñecementos sobre cuestións básicas e cotiás, e reforzan os seus dotes comunicativos en galego.
Duración: 60-70 minutos, aproximadamente.
Dirixido a: grupos de ata 50 nenos/as de 5º e 6º de Educación Primaria.
Espazo: amplo e acolledor, con boa acústica e libre de mobiliario.
Imparte: Xandobela.
O presente curso concíbese coma unha iniciación ao coñecemento e á práctica da poesía oral improvisada galega, centrándose na regueifa e traballándoa dun xeito lúdico. Iniciaranse as ferramentas de memoria, rima e recursos léxicos, ademais de ofrecer guías sobre canto, métrica, versificación e xestualidade. A través dunha melodía fixa como base, realizarase unha aproximación aos elementos formais deste xénero improvisado dunha maneira intuitiva. Con pequenos apartados teóricos, elaboraremos unha exposición sobre os tipos de improvisación oral na Península Ibérica e no resto do mundo, ademais de abarcar as temáticas xerais tratadas neste tipo de actividade. Introducindo conceptos como a ecoloxía, a defensa da lingua e, especialmente, a igualdade, traemos a regueifa ao século XXI, procurando un discurso actualizado que loite contra a discriminación de xénero e, á vez, xere unha dinámica socializadora para a lingua entre os máis novos e novas.
Material: taboleiro branco, rotuladores, folios, lapis.
Duración: 90 minutos.
Dirixido a: mozas e mozos de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria.
Espazo: aula con cadeiras colocadas en U sen mesas.
Imparte: Lupe Blanco
Confiscado é un xogo de fuga no que a rapazada terá que amosar os seus coñecementos sobre a lingua e cultura galega para conseguir abrir a caixa na que se atopan gardados os seus “bens máis prezados”, poñendo en xogo tamén os seus dotes dedutivos e o traballo en equipo e coordinación.
Un xeito diferente de complementar o labor nas aulas, como reforzo positivo e tamén como estratexia para aumentar o uso social do galego.
Duración: 60-70 minutos, aproximadamente.
Dirixido a: grupos de ata 25 nenos/as de 1º e 2º de Educación Secundaria.
Espazo: amplo e acolledor, con boa acústica e mesas.
Imparte: Xandobela.
Con esta proposta o alumnado aprende que o galego é unha entrada privilexiada para acceder ao portugués e que, polo tanto, falar galego ofrece unha clara vantaxe competitiva.
Os obxectivos deste obradoiro son:
Este obradoiro contén 4 unidades:
Duración: 100 minutos, aproximadamente.
Dirixido a: grupos de entre 20 e 40 persoas de ESO, Bacharelato e Ciclos.
Espazo: aula.
Imparte: AGAL.
Esta actividade está pensada para participantes a partir dos 13/14 anos; traballarán arredor da cultura hip hop para iniciárense ou afondaren no ámbito do rap. Achegaranse á historia xeral da cultura hip hop e traballarán na elaboración e interpretación de letras por grupos.
Os obxectivos deste obradoiro son:
Temos a posibilidade de ofrecer algún obradoiro en horario extraescolar. Serían obradoiros de 3h fóra do horario lectivo, tamén venres pola tarde ou sábado.
Duración: 120 minutos mínima (precisa 30 min antes para a montaxe e 10 min despois).
Dirixido a: ata 30 persoas dos cursos de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos.
Espazo: aula.
Material necesario: encerado, ordenador conectado a equipo de son e a proxector e que o alumnado teña papel, bolígrafo ou lapis.
Imparte: García MC.
Galiza Pop é unha intervención de 50 minutos onde se fai un repaso pola cultura pop galega, tanto actual como histórica. Trátase dunha charla participativa onde se porá en valor o entretemento e a cultura pop e darase a coñecer aquela produción que poida ser de interese para a rapazada: música, youtubeiros e youtubeiras, revistas en liña, etc. Para isto combinarase a conversa con audición e visionado de vídeos e imaxes. Logo de analizar a cultura galega pasarase á parte da creación, onde se poñerá o punto de mira na parte de YouTube e onde recolleranse as impresións que xurdiron ao longo da conversa. Finalmente farase un vídeo conxunto no que se analizará a situación da cultura pop galega: os seus puntos fortes e as súas carencias. Isto servirá, ademais, para mostrar a facilidade de facer unha produción audiovisual cos medios que teñamos nese momento.
Con esta proposta preténdese achegar produtos de entretemento en galego para a rapazada. Apartando, deste xeito, a imaxe formal e académica que a miúdo ten a produción en galego e facéndolle ver ás novas xeracións que o galego serve para todo aquilo que consomen noutras linguas.
Dirixido a: grupos de ata 30 persoas dos cursos de 3º e 4º de ESO, bacharelato e ciclos.
Duración: 50 minutos, coa posibilidade de ampliar a 100 minutos
Espazo: aula
Material necesario: proxector e altavoces
Imparte: Miguel Conde Silva, “Aquel-e”
Proposta de conferencias para secundaria e bacharelato, impartidas por membros da Mesa pola Normalización Lingüística con seguintes temas disponibeis. Para solicitar algunha das conferencias, débese escoller no formulario a opción de “charlas sobre lingua e sociedade” e en observacións indicar a charla de interese:
Duración: 50 minutos.
Dirixido a: grupos dun máximo de 60 persoas de ESO, bacharelato e ciclos.
Espazo: aula con proxector e pantalla.
Imparte: A Mesa pola Normalización Lingüística