A Billarda_

A Billarda/A Estornela_

billarda

Material: Os elementos necesarios son dous paus, duns 2 ou 3 cm de ancho. O máis longo debe ter 50 cm, e o máis curto, duns 15 cm, debe agudizarse polos dous extremos. O espazo de xogo está composto por dúas porterías en forma de ferradura dun diámetro aproximado de 80 centímetros e separadas uns 10 pasos.

Aquí cun palán, unha xogadora intenta darlle un golpe á billarda. Chegará a billarda até o varal?

Como xogar?

Nestes videos explícanse algúns elementos importantes do xogo.

https://youtu.be/Gf2GE176QvQ

Se es un destas persoas que prefiren ler, pois alá, aquí temos unha explicación do Galipedia. É moi fácil, xa verás! O lugar de saída (reinado ou meta; ou cadrado na comarca da Limia) pode ser unha marca calquera (un buraco feito no chan, un pau pousado, un desnivel do terreo…) ou ben un círculo ou cadrado, cun diámetro que oscila segundo os lugares entre os 60 cm e os 3 metros. Desde alí deben golpear a billarda co palán nunha das puntas para levantala e, cando estea no aire, darlle outro golpe para lanzala o máis lonxe posible do lugar en que se atopen.

Probando sorta coa billarda!
Probando sorta coa billarda!

Cada xogador só ten unha opción de golpeo válida, polo cal se o xogador golpea a billarda no chan e esta non se levanta, considérase opción de tiro, polo que pasa a quenda ao contrincante. Calquera situación na que a billarda é tocada polo palán, está considerada como lanzamento, tanto si é un lance bo, como se é malo. Se a billarda se levanta do chan pero non é golpeada no aire, sucede o mesmo, pasa a quenda o contrario. A billarda nunca se pode golpear desde que toque no chan despois de ser levantada, pero mentres que a mesma non o toque, é posible golpeala no aire tantas veces como a habilidade do/a xogador/a o permita.

billarda last billarda1

Intentarase que a billarda colla a dirección do varal, e se no primeiro lanzamento se consegue introducila no varal (acción que se denomina varado), o opoñente pode intentar facer a mesma xogada para empatar a partida, pero se non o consegue, a partida xa ten gañador.

Se o primeiro lanzamento non consigue ser varado, o palanador fai o seguinte lanzamento dende o sitio que a billarda se detén despois de ser lanzada. Está prohibido mover, parar ou desviar a billarda intencionadamente mentres a mesma está rodando.

Se un lanzamento sae fóra da pista, o seguinte faise dende o punto da liña por onde saíu a billarda, denominada esta acción saque de banda. Só é posible sacar de banda cando a billarda despois de ser lanzada toca polo menos unha vez dentro da pista, porque se o lanzamento sae fóra directamente, vólvese ao sitio desde onde se lanzou. Se o lance sae pola liña de fondo, a billarda volve situarse no mesmo sitio.

Só se considera que a billarda sae do campo cando supera por completo a liña, tendo que estar todo o corpo da billarda do outro lado, e non se cae ou para xusto na liña de banda ou na liña de varal.

-regras collidas da Galipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Billarda

billarda2 lerez