E hoxe toca vídeo voso, xa poucos quedan, un par deles e despois quedan as tomas as falsas, as sorpresas, a rapazada europea…
Hoxe volvemos con Cuca e coa rapazada do colexio de Xeve que ensinan a antiga escola e casa do mestre e o aloumiño dunha veciña que nos trouxo as máis ricas mandarinas de tódalas mandarinas.
Por certo, como van os preparativos para o día das Letras Galegas?
Boa noite, descansade moito e ben.



