Os Pelouros_

Os Pelouros e o xogo tradicional que practicamos o outro día en Xeve. É un xogo divertido, para ir xogando e falando á vez do que sexa. E o mellor de todo é que é de balde, só fai falta atopar 5 chucas pequenas e lisas. . . e listo!

pel4 pel2

Abaixo pódese claramente ver como se xoga. Pero para sabelo de verdade, ponte a xogar!

https://youtu.be/q62bJ21Lj2k

https://youtu.be/2-Zw9FKnw_c

Regulamento

-O regulamento dunha das variantes máis sinxelas é o seguinte, e divide cada partida en seis fases. Antes de comezar, acórdase quen empeza.

-Na primeira fase, a xogadora lanza as cinco chucas ao ar e trata de recollélas. Alomenos collerá unha, que pasará a ser a “œcoutadeira” ou chuca mestra.

-Na segunda fase, lanza a “œcoutadeira” ao ar, e antes de recolléla colle outra do chan. –Despois fai o mesmo, sucesivamente, coas outras tres.

-A terceira fase consiste en repetir a primeira -para elixir “œcortadeira”- e a segunda, pero esta vez collendo os pelouros do chan de duos en dous.

-Igual que a terceira, pero collendo tres chucas e logo a última.

-O mesmo, pero collendo as carto chucas dunha mesma vez.

-Despois de elixir “œcoutadeira” polo mesmo procedimento, colócanse dous dedos (o índice e o pulgar) facendo unha ponte no chan. Hai que lanzar a “œcoutadeira” e, antes de recolléla, pasar un seixo por debaixo da ponte e repetir a acción ata que todos teñan pasado por debaixo.

-Se a xogadora falla en calquera das fases, pasa a vez a outra nena, e gana a partida aquela que chega ao final.

 -Dos Xogos Tradicionais do libro da Voz de Galicia

Ponte a xogar!

pel6