Ola, como ides, facía unhas semanas que estaba eu por aquí moi caladiña, non quería interromper moito as vosas horas de estudo nas derradeiras semanas do curso.
Hoxe déixovos un fermosos vídeo de outro grupo de música de Galicia que pode gustarlle moito a Ilari ou Suliman. Eu son moi seareira deste grupo CAXADE de feito o cantante foi profesor de música no meu cole fai anos, así que podo dicir que ademais de bo músico e cantante é bo mestre e mellor persoa, e iso é o importante.
Xa queda pouquiño e na vindeira semana, vémonos para rematar, despedirnos e pasar un tempiño xuntos, recordando os mellores momentos destes meses de ponteaeuropa.
Por certo permanece atentos e atentas o derradeiro dos vosos vídeos!
Bo día e portádevos ben!
😉



