Inicio Ensino Dalle á lingua

Dalle á lingua

Actualmente este programa non está activo.

O Dalle á lingua era un espazo de radio para activar a oralidade entre o alumnado. A partir do traballo realizado nas aulas creábanse contidos arredor de diversos aspectos da lingua galega: fraseoloxía, contos de tradición oral, lendas, vocabulario, cantigas, toponimia…

Este programa perseguía obxectivos como dinamizar a comunicación oral en galego dentro e fóra do centro educativo, especialmente nas familias, ou incentivar o coñecemento, a creatividade e a comunicación en e desde o galego. Tamén buscaba facilitar ferramentas e estratexias para reforzar o uso da lingua, promover o gusto por descubrir a nosa cultura desde a nosa lingua e ademais achegarse á radio como un medio de comunicación próximo.

Os centros interesados debían enviar unha solicitude de participación ao SNL. Despois, un equipo de Onda Cero Pontevedra desprazábase aos colexios para gravar os traballos que os nenos e nenas, en colaboración cos seus profesores,
prepararan para a actividade. Nalgúns casos realizouse a gravación nos estudios locais da emisora. Posteriormente facíase un traballo de produción para adaptar as gravacións a bloques de 2 a 3 minutos para emitir na radio.

REDES SOCIAIS

0SeguidoresSeguir
1,628SeguidoresSeguir
413SubscritoresSubscríbete

NOVAS DESTACADAS