Inicio Etiquetas #CeibaRimas

Etiqueta: #CeibaRimas

Pontevedra acollerá a final da Liga CeibaRimas 2024

0
As mellores voces do rap improvisado en galego daranse cita o sábado 12 de outubro entre as 17 h e as 23 h na praza da Pedreira, que se converterá no escenario da final da cuarta edición da Liga CeibaRimas. Esta competición anual de freestyle en galego, que foi merecedora dun dos Premios Mil Primaveras 2023, é xa un referente no ámbito da música e da cultura urbana galega e ten entre os seus obxectivos o de normalizar e dinamizar o galego entre a mocidade a través dos espazos de improvisación oral.