Comezou o Apego en Pontevedra na primavera 2021

O pasado sábado 17 de abril abriu a programación do Apego en Pontevedra con “Orella pendella”, o obradoiro de Migallas Teatro no que se transmiten recitados, cancións e xogos da nosa tradición oral. Durante estes próximos meses teremos connosco a Xandobela, con quen aprenderemos xogos e ferramentas para xogar, Cris de Caldas, que nos traerá tamén recursos para a crianza, tanto na forma de historias como a través de recitados e cancións, e Luís Prego, con quen aprenderemos cantigas para xogar no colo coas máis peques da casa.

Ademais, a partir de mediados de maio comezan as actividades de “Na procura da moura”, co antropólogo Rafa Quintía e Polo correo do vento, onde percorreremos as distintas parroquias do concello en busca da moura! Podedes ver toda a información aquí!