Na procura das mouras

Esta primavera estréase un programa para coñecer a nosa mitoloxía. Da man de Ab Origine e Polo Correo do Vento, a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra pon en marcha unha quenda de actividades nas que as familias con nenas e nenos de a partir de 3 anos poden coñecer as lendas das diferentes parroquias do concello. Aproveitando o noso patrimonio oral e fomentando o uso da lingua galega, desenvolveremos a creatividade e a imaxinación nunha actividade de aprendizaxe conxunto e interxeracional arredor da nosa herdanza cultural. Estas actividades forman parte da programación do Apego en Pontevedra, un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial.

A actividade comeza con Rafael Quintía, antropólogo de Ab Origine, cunha explicación sobre as lendas do lugar da parroquia na que ten lugar a sesión. Despois continuamos con Quique e Carlos de Polo Correo do Vento. Mentre Quique narra unha historia, Carlos realiza simultaneamente un mural ilustrando o que se está a contar. Despois faise unha rolda de prensa sobre os detalles da historia e rematamos cun obradoiro de ilustración no que debuxamos coa guia de Carlos unha das criaturas máxicas das lendas do lugar.

As familias que veñan a 10 ou máis actividades de “Na procura das mouras” recibirán un diploma certificando a súa validez como coñecedores da nosa mitoloxía e aptitudes para transmitir a nosa herdanza cultural.

Cómpre levar auga, chapeu, protector solar e calzado e roupa axeitada para andar na natureza. Podedes levar unha mantiña ou esteira para sentardes no chan.

Todas actividades son de balde, mais cómpre inscribirse previamente aquí porque as prazas son limitadas.

Para anular a inscrición a actividade cómpre escribir un correo a normalizacionlinguistica@pontevedra.eu

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

DOMINGO 23 DE MAIO
CAMPAÑÓ

O punto de encontro é o arboreto do parque forestal da Tomba (42° 27′ 08.6″ N 8° 39′ 31.5″ W)
— De 10.30 h a 12.30 h

SÁBADO 5 DE XUÑO
SANTO ANDRÉ DE XEVE

O punto de encontro é na carballeira da capela de san Roque (42°27’58 N 8°35’06.55 W)
— De 10.30 h a 12.30 h

DOMINGO 6 DE XUÑO
LÉREZ

O punto de encontro é no adro do mosteiro de Lérez (42° 26′ 57.157″ N 8° 37′ 55.548″ W)
— De 10.30 h a 12.30 h

SÁBADO 12 DE XUÑO
LOURIZÁN

O punto de encontro é na área recreativa do Regueiriño e espazo natural arqueolóxico dos Sete Camiños do Regueiriño (42° 23′ 28.968″ N 8° 40′ 52.608″ W)
— De 18.30 h a 20.30 h

DOMINGO 13 DE XUÑO
MARCÓN

O punto de encontro é na área do Outeiro Navío (42° 23′ 48.696″ N 8° 35′ 58.416″ W)
— De 10.30 h a 12.30 h

VENRES 25 DE XUÑO
A CANICOUVA

O punto de encontro é no adro da igrexa da Canicouva, na Cama do Santo (42° 22′ 17.796″ N 8° 36′ 50.832″ W)
— De 18.30 h a 20.30 h

SÁBADO 26 DE XUÑO
CERPONZÓNS

O punto de encontro é na eira da Casa do Pobo de Cerponzóns (42º 28´33”.19 N 8º 38 27”.66 O)
— De 10.30 h a 12.30 h

SALCEDO
O punto de encontro é no parque etnoarqueolóxico do Outeiro das Mouras (42° 23′ 15.6″ N 8° 39′ 48.6″ W).
— De 18.30 a 20.30 h

DOMINGO 27 DE XUÑO
TOMEZA

O punto de encontro é no adro da Capela de san Cibrán (42º 24´41”.14 N 8º 38´27”.66 O)
— De 10.30 a 12.30 h

XOVES 1 DE XULLO
MOURENTE

O punto de encontro é no parque do miradoiro de Monte Porreiro (42° 26′ 42.324″ N 8° 37′ 44.689″ W)
— De 18.30 a 20.30 h

SÁBADO 3 DE XULLO
PONTE SAMPAIO

O punto de encontro é na Insuíña ou illa de Medal (42° 20′ 51.193″ N 8° 36′ 32.324″ W)
— De 10.30 a 12.30 h

OUTONO

SÁBADO 25 DE SETEMBRO
PONTEVEDRA
O punto de encontro é no muíño na senda urbana do río Gafos, no Gorgullón (42° 25′ 27.5″ N 8° 38′ 18.4″ W).
— De 10.30 h a 12.30 h

DOMINGO 26 DE SETEMBRO
ALBA
O punto de encontro é no adro da igrexa de Alba (42° 27′ 42.34″ N 8° 38′ 39.43″ W)
— De 10.30 h a 12.30 h

SÁBADO 2 DE OUTUBRO
BORA
O punto de encontro é no adro de santa Mariña de Bora (42° 26′ 08.0″ N 8° 35′ 35.0″ W)
— De 10.30 h a 12.30 h

SÁBADO 16 DE OUTUBRO
SANTA MARÍA DE XEVE
O punto de encontro é no parque do Centro Cultural de Santa María de Xeve (42° 28′ 10.682″ N 8° 36′ 8.027″ W)
— De 10.30 a 12.30 h

DOMINGO 17 DE OUTUBRO
VERDUCIDO
O punto de encontro é no parque forestal do Pontillón do Castro (42° 29′ 51.2″ N 8° 37′ 06.3″ W)
— De 10.30 h a 12.30 h