En Lerez ensinan o sol dende a ventá, xa me gustaría a min poñervos unha foto así, dende o fin da terra estas son as vistas nos derradeiros días.
“Cando a gaivota se achega ó labrador, mal lle vai ó pescador”
“Gaivota no horto, temporal no porto”
“Gaivotas a terra, mariñeiros á merda”
“Gaivotas na terra, mariñeiros na taberna”
E falando de hortos e de tempo, disque en Galicia temos máis de 1000 palabras para a choiva: chuvia, chuvascada, chuvasco, orballo, babuña, babuxa, barbaña, barbuña, barbuza, barrallo, barrufa, barruñeira, barruzo, breca, chuvisca, froallo, lapiñeira, mexadeira, mocalleira, morriña, morriñada, parrumada, patiñeira, poalla, poalleira, zarzallo…
pero creo que tamén temos tantas outras para a horta, mirade que atopei:
horto, horta, leira, leiro, agro, eido, veiga, terreo
😉 podería seguir, sabedes algunha máis?