Volve Falamos ao campus de Pontevedra

Comeza un novo curso e volve Falamos, o programa para promover o uso do galego entre o alumnado do campus de Pontevedra. Nesta edición teremos de novo club de lectura, clases de cociña e voluntariado lingüístico, e como novidade temos a actividade de teatro, entre outras actividades que se irán presentando.

Impulsado pola Concellaría de Normalización Lingüística e a Área de Normalización Lingüística (ANL) da UVigo, Falamos botou a andar o pasado curso, mais a situación provocada pola covid-19 obrigou a converter en virtuais unha serie de actividades concibidas inicialmente para desenvolverse de xeito presencial. Nese senso, a volta á presencialidade constitúe outra das principais novidades desta edición, que o pasado 6 de setembro presentaron en rolda de prensa o vicerreitor do campus, Jorge Soto, o concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, e o director da ANL, Fernando Ramallo.

As listaxes de inscrición para o programa e para as actividades están xa abertas. Podedes ver toda a información aquí.