Víctor está en Londres

Ola! Son Víctor e vivo en Londres. Son o mesmo Víctor que o ano pasado estaba aí, en Pontevedra, con vós e Palmira gravando vídeos e falando de cables debaixo do mar. Agora estou deste outro lado e vivo un pouco máis lonxe. Despois de ver o vídeo seguro que vos dades conta de que Londres me gusta moito. E aínda que non o digo no vídeo tamén teño morriña, boto en falta as tapas de Lugo, e a comida. Ai, quen me dera unha empanada! Vivir noutra cidade, coñecer outras linguas e outras culturas ten moitas cousas boas, pero cando marchamos, a todos os galegos e galegas nos entra esa morriña que moi ben contaba Rosalía. Espero que vos guste o vídeo e a cidade. Calquera pregunta ou curiosidade que teñades, dicide nos comentarios, que intentarei respondervos. Apertas!