Unha prenda de amor

Onte, graciñas a un amigo que se chama Fernán que é de Lugo, (outro día cóntovos máis de Fernán), descubrín o blog Palabras Secretas de Ana Lois http://palabrassecretas.com/ e sentín que descubría un tesouro moi fermoso, enorme de fermoso, mirade cantas cousas bonitas, e mirade que vídeos!
Fíxome gracia por que empecei a velos todos e descubrín un amigo nun deles. 😉

Sabedes que é un alicornio? Marina está orgullosa da historia do seu alicorno. É un tesouro que veu do outro lado do océano e que, ó parecer, estaba dentro da cabeza dun peixe.

Graciñas Ana Lois por tanta fermosura!

Para ver o vídeo tedes que premer en whatch video!