Co diábolo acordeime de PISTACATRO, unha produtora de soños, con sede en Santiago de Compostela pioneira en Galicia en crear propostas de novo circo e cabaré.O equipo que forma desta produtora é moito, entre eles está Pablo Reboleiro, que o vedes neste vídeo, mirade que pregunta simpática fai no min. 1.35.
Pablo Reboleiro estudou na escola de circo Circus Space de Londres e agora recorre o mundo con cousas fermosas como unha das súas pezas que se chama TRASNO, fai nada regresou de Australia, de Australia! e dicir o outro lado do mundo!
e tedes tamén a Manuel Lago, tamén de PISTACATRO, aquí dominando o diábolo: http://www.youtube.com/watch?v=pFFjPUJgQIo
E digo eu, os de Campañó, tedes moito potencial co trompo, por que non crear un proposta de circo con ese saber que tedes! 😉



