Ola! Chámome Scott e son estudante de español, francés e galego na Universidade de Oxford. Teño 20 anos. Son orixinariamente de Stoke-on-Trent, unha cidade cerca do centro de Inglaterra. Falo inglés, español, francés, un pouco de chinés e búlgaro e agora un pouco de galego tamén! As linguas son a miña paixón, ademais do deporte.
Teño dous irmáns e vivo cos meus pais na cidade de Stoke-on-Trent. Gústame coñecer xente nova, xogar ao fútbol (ás veces ver os partidos tamén), e encántame saír cos meus amigos. Máis recentemente, descubrín outra paixón: viaxar a países diferentes. No verán pasado, fun a Santiago de Compostela para participar nun curso de galego na Universidade alí.
Interésanme a cultura galega e a gastronomía tamén. Os froitos do mar e a cultura de tapas particularmente. A cervexa de Galicia foi un pracer! Sobre todo gústoume coñecer máis xente de Galicia e moitos outros países durante o curso.
Galicia ten un efecto moi profundo sobre o individuo . É bonita, e ademais sorprendente .
Espero que vos guste o vídeo sobre Oxford! Graciñas por ler 🙂
Scott



