De sardiña, Sardiñeiro.
Seica había moita sardiñas na nosa praia, por iso fai xa unhas décadas, no meu pobo había unha conserveira de sardiñas que daba traballo a moita xente de aquí. Xa non está a conserveira, pero aquí tedes unha foto dunha das latas do ano 1959.
Sabedes de onde veñen os nomes dos lugares onde vivides, sabedes algunha historia curiosa?
*seica, sinónimo disque: Indica dúbida acerca do que se di, pero con probabilidade de que sexa certo. Exemplo: en internet hai unha web sobre cousas de moda que se chama disquecool.com. É dicir: nesta web ensinan cousas que con moita probabilidade sexan certamente moi *cool: de moda de tendencia.
Non si?