Segunda parte! hoxe dende o Rumbo, un dos lugares máis fermosos de Sardiñeiro.
O Rumbo é un peirao, onde se gardan as chalanas e se comparten os segredos entre veciños e veciñas. O Rumbo de día é ver pasalo tempo antes e despois da partida, antes e despois de comer e da merenda. O Rumbo pola noite no verán é o lugar onde ir pasear a rapazada e falar do que serás de maior, dos soños por cumprir, ou onde compartir confidencias co namorado ou namorada, mentres os morcegos moven o teu pelo e a lúa chea ilumina a pedra dos corvos.
Tedes un lugar así, un lugar onde se reunen os veciños, un lugar onde xogades mentras a xente maior mira, un lugar onde soñar e contar confidencias?



