http://www.realacademiagalega.org/figuras-homenaxeadas

E mentres Palmira vos sigue poñendo vídeos da última sesión para que vaiades coñecendo aos outros coles, eu volvo coas ferramentas en galego que temos na rede. E volvo coa páxina da Real Academia Galega (http://www.realacademiagalega.org). O outro día falábavos do dicionario, pero na súa páxina hai moitas cousas máis. Por exemplo, podemos coñecer a historia das Letras Galegas e todos os homenaxeados/as, que é o que vos poño arriba, unha captura onde sae Rosalía. Recordádeo para cando teñades que facer un traballo para a escola ou vos interese saber máis sobre un autor/a que escoitaches nalgures.

Sabiades que tamén podedes ler libros en galego enteiros na súa páxina. Aquí podedes entrar no seu catálogo, e procurar por autor: http://www.realacademiagalega.org/biblioteca-virtual#MainPage.do?letter=R

Por exemplo, un poema de Rosalía de Castro de «Cantares Gallegos»: http://www.realacademiagalega.org/Biblioteca/GetPageById.do?id=CaGa++++1&orde=2&format=0

Sabiades que no mundo enteiro existen 5.500 linguas? E que o galego está no posto 160 por número de persoas que a falan? Se o falan ata en Londres, normal. E sabiades que o galego está entre as 30 linguas máis utilizadas en Internet en todo o mundo? Pois así é, esta información está na páxina da Real Academia Galega: http://www.realacademiagalega.org/datos-uso

Xa sabedes a que páxina tedes que ir cando queirades información da lingua galega. A páxina está xenial.