Quen morre de ganas de regueifar?

Está aberto o prazo de inscricións do Enreguéifate 2021! Podedes mandar os vosos vídeos regueifando ata o 29 de maio!

Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Pontevedra, Ames, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.

O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.

Podes consultar toda a información do programa, ver vídeos e inscribirte aquí.