Que pasa no ximnasio do CEIP Parada (Coreografía de ximnasia rítmica)

As nenas de 6º dixéronlle a Palmira que sabían ximnasia rítmica e de alí a pouco dixéronlle ao profe que cando as gravaba? O profe non foi quen de atopar camarógrafo pero si cámara HD e o venres día 21 gravounas. Aquí está o que saben facer estas mozas. A coreografía, os ensaios e a distribución do espazo son delas. Gracias á rapaza que estando en off ocupouse de poñer e parar a música. A montaxe é do profe con sofware libre. O que lle gustaría a Víctor de Ponte a Londres! Foron elas que me pediron que lles gravara isto.