Premios do Certame Ben Veñas Maio

O xurado do Certame Ben Veñas Maio vén de fallar os premios nas distintas categorías convocadas nesta edición: III Certame de Videoclips musicais, V Certame de curtamentraxes, XX Certame de fotografía, XXVIII certame de banda deseñada, XXVIII Certame de narración curta e o XX Certame de poesía.

O xurado, ao igual que anos anteriores, estivo formado polo concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, e polas persoas coordinadoras dos equipos de normalización e dinamización da lingua galega dos IES A Xunqueira I, IES A Xunqueira II, IES Frei Martín Sarmiento, IES Torrente Ballester, IES Valle-Inclán e IES Sánchez Cantón.

Convén lembrar que o Certame Ben Veñas Maio ten por obxectivo acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas incentivando a creatividade, a participación e a comunicación en galego, así como a reflexión sobre o uso e a situación social da nosa lingua. Os distintos certames dentro de Ben Veñas Maio buscan impulsar a creatividade da mocidade en lingua galega desde diferentes eidos de expresión como a escrita (prosa e poesía), a fotografía desde a ollada crítica, a música, a banda deseñada e a creación de curtametraxes. Está organizado polos equipos de normalización e dinamización da lingua galega dos centros públicos de ensino secundario e ciclos formativos do concello, co apoio do Concello de Pontevedra a través da Concellaría de Normalización Lingüística.

Relación de premiados e premiadas:
III Certame de videoclips musicais
Primeiro premio: Clara Fariña Castro. IES Xunqueira II

V Certame de curtametraxes
Primeiro premio: Alicia Dopazo Cendón. IES Valle Inclán

XX Certame de fotografía
Primeiro premio: Carme Munaiz Canosa. IES Sánchez Cantón
Segundo premio: Carolina Munaiz Canosa. IES Sánchez Cantón

XXVIII Certame de banda deseñada
Categoría A: deserto

Categoría B: a partir de 15 anos
Primeiro premio: ‘Arredor de min’, Miguel Bouza Rodríguez. IES Torrente
Ballester
Segundo premio: ‘A historia do galego con pantín e timpán’. Ainoa Garzón
Mejuto. IESs A Xunqueira I
Segundo premio: ’Mortalmente galego’. Anaís González Aboy. IES A Xunqueira I

XX Certame de poesía
Categoría A: ata 14 anos inclusive
Primeiro premio: ‘Con alma e sangue galegos’. Alexandre Garrido Roca. IES
Torrente Ballester
Segundo premio: ‘E se sei?’. Sabela Porto Verísimo. IES A Xunqueira I

Categoría B: a partir de 15 anos
Primeiro premio: ‘Non quero ser coma ti’. Mario Elías Blanco Boullosa. IES
Torrente Ballester
Segundo premio: ‘Enleada’. Sara Rodríguez Vence. IES Sánchez Cantón
Segundo premio: ‘O son da pandeireta’. Clara Fariña Castro. IES A Xunqueira II

XXVIII Certame de narración curta
Categoría A: ata 14 anos inclusive
Primeiro premio: Naceu e morreu sendo galego’. Paula Fariña Martínez. IES
Valle Inclán
Segundo premio: ‘Unha nova historia’. Ana Uxía Santos. IES Luis Seoane
Segundo premio: ‘Voltas e revoltas da vida’. Marcia González García. IES
Torrente Ballester

Categoría B: a partir de 15 anos
Primeiro premio: ‘Un día de chuvieira’. Sofía Filgueira Fómez. IES A Xunqueira II
Segundo premio: ‘Ninguén’. Andrés Pardo Carballo. IES Torrente Ballester
Segundo premio: ‘Quen non existe’. Alfredo José Fernández Marques. IES
Sánchez Cantón