Ola!
Víctor fala de cables e de supercomputadores e eu móstrovos esta nova do diario Praza Pública, onde fala sobre as mulleres e a tecnoloxía e sobre o desenvolvemento da TIC en Galicia.
O outro día falábamos de exemplos galegos como Igalia ou a Navalla Suíza, hoxe tedes que coñecer a esta rapaza.
Aquí algunha das súas palabras:
“Con respecto a isto, creo que faltan referentes femininos que sirvan de modelos a futuras estudantes, e en xeral, a toda a sociedade. Toda a sociedade coñece nomes de homes de éxito no mundo da informática: Bill Gates, Steve Jobs, Mark Zuckerberg e un largo etcétera. Pero quen coñece a Marissa Mayer? É a presidenta de Yahoo. Ou quen sabe que HP ou Microsoft España están presididas tamén por mulleres? É necesario que as mozas coñezan que existen mulleres liderando empresas do sector.”
“En contra do estereotipo de persoa friki, asocial e que está pechada na súa habitación cun ordenador, os enxeñeiros en informática deben ter grandes habilidades sociais, xa que adoitan traballar en equipo”



