Fai unhas semanas, a rapazada de Lérez levoume de paseo pola Illa das Esculturas ata os salóns do Lérez!
Eu coñecía algúns dos lugares e algunha das esculturas máis pouco sabía da fauna e das especies que alí habitan e pouco sabía da fin do camiño; un lugar fermoso cunha bonita historia que non contaron no vídeo pero que o mestre Luís podía contar aquí.
A historia vai sobre unha barquiña! 😉
Por certo, cando estábamos na Illa das Esculturas moito me acordei de Suliman, seguro que algunha trasnada faría se estivera alí!



