Ola, chámome Vïctor e son novo por aquí, lin todo o que puxestes dende que comezou o Ponte a Londres pero aínda nunca dixera nada, andaba por aquí, ás agachadas. Ao mellor vos acordades de min, estiven o primeiro día en Pontevedra… seguro que si, que tedes boa memoria. Os de Londres non me coñecedes porque por problemas técnicos non funcionaba a cámara web onde eu estaba. E como son o que fixo a páxina web veño aquí porque imos falar de tecnoloxía.

Pero polo de agora só me quería presentar, xa virá a tecnoloxía. Igual que fixestes vós ao comezo, eu tamén quero poñer unha foto do sitio no que vivo, non é dende a miña ventá, pero vivo moi preto.

Pero (aínda) non vos vou dicir onde é, a ver se o adiviñades. Alguén o sabe?

Saúdos e ata pronto.