O ‘Silva Gouveia’ da praia do Rostro para a rapazada do pontealondres.eu

Ola!
Temos unha terra e un océano cheo de lendas, de tesouros agochados, de pedras que falan…

O outro día rapazada ensineivos este vídeo que gravamos Víctor e máis eu para vos ensinando o barco que recentemente apareceu nunha das praias do meu pobo, aquí tedes a nova: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2014/03/09/emerge-fisterra-mercante-portugues-hundido-1927/0003_201403C9C19911.htm?idioma=galego

Unha historia fermosa sobre un barco de vapor agochado na area durante case 90 anos.
Xa sabedes, escarvade na area, que podedes atopar un barco enteiriño ou un cable de internet! 😉

Por certo se queredes seguir investigando lendas e contos fermosos da nosa terra e do noso mar, non perdades de vista o blog de Manuel Gago http://www.manuelgago.org/blog/. Viaxes, arqueoloxía, mapas para perderse, vídeos… unha gran enciclopedia da beleza do noso ser e sentir.