O Pontillón do Castro. Verducido. Xeve.

O alumnado de Xeve pensou que este era un lugar que tíñan que mostar:

A presa do Pontillón do Castro é un encoro do mesmo nome situado na parroquia de Verducido que fornece de auga potable á vila de Pontevedra. O encoro recibe a auga do río Rons (tamén chamado Loural) e outros regatos da zona. En 2007 inaugurouse o Centro Deportivo do Pontillón do Castro, deseñado por José Ramón Garitaonaindía de Vera.

No 2010, en colaboración coa Comunidade de Montes de Verducido, inaugurouse o Parque Forestal do Pontillón, con terreos reforestados logo da vaga de incendios forestais de 2006 en Galicia. O espazo conta con tres vías para o sendeirismo (a da Presa, a do Castro e a do Outeiro) e un rocódromo, podedes consultar as rutas nesta ligazón: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4136006

Se queredes coñecer máis sobre a parroquia de Verducido, podedes consultar nesta ligazón: http://www.xeve.eu/verducido/, pero o mellor e que vexades o vídeo do alumnado de Xeve, alí vense todos estes lugares.