O muíño de cubo de Campañó

Ola rapazada e rapaces europeos: Niki, Ilari, Suliman e Scott, nas semanas pasadas xa sabedes que estivemos de gravación polas terras do noso concello, hoxe queríamos ensinarvos algo moi moi especial que seguramente non coñecedes: un muíño, pero non un muíño calquera.
E a rapazada de Xeve e Lérez, sabiades deste muíño?

Este é o muíño de cubo de Campañó que ten unha estrutura que eu por exemplo descoñecía e que os rapaces de Campañó me ensinaron. Xa vos adiante que é fermoso a rabiar.
A rapazada de Campañó amósao moi ben pero se queredes saber máis o que tedes que facer é visitar o seu blog http://adouskilometros.blogaliza.org/2015/03/16/os-muinos-de-cubo-en-campano/. Investigando pola rede tamén atopei esta indormación na páxina de Patrimonio Galego http://patrimoniogalego.net/index.php/54723/2014/01/muino-da-fabrica/ e para finalizar se queredes poñer no mapa a parroquia de Campañó entón ide a Galipedia! http://gl.wikipedia.org/wiki/Campa%C3%B1%C3%B3,_Pontevedra