Hoxe nos coles celébrase o ” Día Escolar da non Violencia e a Paz”, como di Pablo nun dos comentarios: feliz día da paz!
O vídeo de hoxe foi deste pasado verán, no Campamento de Muxía, na semana que adicamos a arte contemporánea, pintamos o Guernica coa colaboración de Julio Castro Marcote e falamos de Picasso e do poder reivindicativo da arte co exemplo de Os Gemeos http://www.osgemeos.com.br/pt ou Banksy http://banksy.co.uk/out.asp
Seguro que nos vosos coles celebrastes o día, como foi?
E sería interesante saber se nos outros países e cidades teñen unha celebración similar ou se os símbolos da paz son os mesmo que temos en Galicia!
Bo día da paz e da ilustración tamén, hoxe e a diario.
Boa fin de semana!



