Ola Zoe, Laura e Manuel:
Grazas polos comentarios da nosa foto.
En resposta ás preguntas, dirémosvos co edificio que se ve é parte do noso colexio. A parte alta pertence a zona da biblioteca e a de abaixo está ocupada polas tres aulas de educación infantil.
Respecto á outra pregunta, resulta que hai varios tipos de árbores. as tres da esquerda son castiñeiros e a da dereita unha nogueira.
Os alumnos e alumnas do noso centro recollemos o froito dos castiñeiros a finais de outubro e comezos de novembro e algunhas veces tamén neses meses cae o froito da nogueira e tamén o collemos e o comemos.
Por certo, sabedes como se chaman os froitos das árbores que temos no patio?
Coméchedes algún destes froitos?
Saúdos,
David, Carla, Uxía, Andrés, María, Aarón, Alberto, Paula S., Paula, Iván, Mireya e Nerea.



