O Ben Veñas, Maio premia o talento e a creatividade do alumnado de Pontevedra

O sábado 11 de maio celebrouse no Teatro Principal de Pontevedra a gran gala final da 31ª edición do certame interdisciplinar Ben Veñas, Maio. Durante o acto, que este ano contou coa colaboración do propio alumnado para a súa organización e desenvolvemento, tivo lugar o certame musical, no que actuaron as distintas bandas participantes, e entregáronse os premios en todas as modalidades.

O evento encheu o Teatro Principal nunha xornada cargada de talento e creatividade en lingua galega. Logo da deliberación do xurado, entregáronselles os premios ás persoas gañadoras dos distintos certames: musical, curtametraxe, fotografía, banda deseñada, narración curta e poesía.

CERTAME MUSICAL

  • Primeiro premio: Quietude, formado por Miguel Senn Alonso e Uxío Rodríguez, do IES A Xunqueira 1.
  • Segundo premio: FernanXL, formado por Fernando Filgueira Latorre, do IES A Xunqueira 1.
  • Terceiro premio: As Meigas, formado por Sara Martínez Filgueira, Julia Falcón Félix e Alicia Rivera Bonilla, do IES A Xunqueira 2.

CERTAME DE CURTAMETRAXES

  • Primeiro premio: José Saavedra Martínez, Sara Martínez Filgueira, Iara García Mejuto, Julia Falcón Félix, Alicia Rivera Bonilla e Mohamed Brikat Rebabti. A herdanza. IES A Xunqueira 2.
  • Segundo premio: Aroa Campelo Caballero. Herba namoradeira. IES Luís Seoane.

CERTAME DE FOTOGRAFÍA

  • Primeiro premio: Vitoria Munaiz Canosa. Villa García. IES Sánchez Cantón.
  • Segundo premio: Fátima Leiro Beltrán. Galego na publicidade. IES Torrente Ballester.
  • Segundo premio: Ariadne Andrés Pérez. O home do saco. IES Luís Seoane.

​​CERTAME DE BANDA DESEÑADA

Categoría A

  • Primeiro premio: Adrián Filgueira Latorre. O pirata colmilliños. IES A Xunqueira 2.
  • Segundo premio: Judith Castro Costas e Jimena Novo Riveiro. Os esquius. IES Torrente Ballester.

Categoría B

  • Primeiro premio: Freddy Camacho Brenna. Colleita propia de patacas. IES Sánchez Cantón.
  • Segundo premio: deserto.

CERTAME DE NARRACIÓN CURTA

Categoría A

  • Primeiro premio: Marta Rey González. Sabela e o seu globo de helio. IES A Xunqueira 2.
  • Segundo premio: Carla Rodríguez Quesada. A viaxe de Xurxo. IES Torrente Ballester.
  • Segundo premio: José Saavedra Martínez. O segredo. IES A Xunqueira 2.

Categoría B

  • Primeiro premio: Paula Gay Batista. Reunión familiar. IES Sánchez Cantón.
  • Segundo premio: Anxo Rodríguez Álvarez. As tres cartas. IES Torrente Ballester.
  • – Segundo premio: Hugo Fernández Hernández. Asasinato en Compostela. IES Valle Inclán.

CERTAME DE POESÍA

Categoría A

  • Primeiro premio: Lucas Rodríguez Ogando. A poesía é… IES Luís Seoane.
  • Segundo premio: Hugo Chamadoira Leins. A miña felicidade. IES Luís Seoane.

Categoría B

  • Primeiro premio: Alba Quiroga Veiga. Eu mesma. IES Torrente Ballester.
  • Segundo premio: Sebastián Pazos Rey. In vitro. IES A Xunqueira 1.

O Ben Veñas, Maio organízao a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos IES e CIFP públicos de Pontevedra, e en colaboración co Concello de Pontevedra. O certame é todo un referente no que ten que ver coa promoción do galego no eido da expresión artística e cultural entre o alumnado do concello.