Novos recursos dispoñíbeis en descargas

Temos dispoñíbeis dous novos recursos no arquivo de descargas.

Por unha parte temos unha compilación de historias falando arredor do exilio e a lingua en distintos eidos, para recoller o traballo que se fixo a prol da lingua desde a diáspora, mais tamén recollendo o que o galego perdeu por esta causa. Pódese descargar aquí.

Neste traballo aparecen os seguintes 17 persoeiros: Castelao, Luís Seoane, María Casares, Alonso Ríos, Virxinia Pereira, Arturo Souto, Ramón de Valenzuela, Amparo López Jean, Luísa Viqueira, Carlos Velo, Rafael Dieste, Lois Tobío, Suárez Picallo, Mariví Villaverde, Maruxa Mallo, Ernesto Guerra da Cal e Xesús Bal e Gay.

A segunda publicación é un documento con exercicios e recursos didácticos arredor da figura de Florencio González Gurriarán, desde unha pequena biografía para coñecer máis sobre o autor a distintas propostas para traballar os seus textos desde as aulas. Pódese descargar aquí.