Dende Campañó cantaban sobre o bacallau e a tradición na nosa gastronomía e na de Portugal, e acordeime deste fermoso vídeo que canta o proceso da elaboración do pan.
E ademais díxome un paxariño que dende Pontevedra tedes unha historia que contar sobre a rodaxe deste vídeo, non si?
Fai uns días falábavos do mundo do circo aquí, hoxe o fío deste vídeo contareivos que en Galicia temos un montón de compañías teatrais e de títeres que fan cousas tan fermosas como as que fai Migallas Teatro, a compañía de Pontevedra que fixo este vídeo: http://www.migallas.com/
Pero hai tantas compañías teatrais en Galicia con tantas outras propostas, coñecedes algunha?