E esto outro. Que afortunada é ao abrir a súa ventá.
Eu dende a miña ventá vexo viñas, o galiñeiro, a Lucas (o can de cor crema) e a Toby (o can de cor negro e branco), onde gardo a leña e a miña palleira. Ao fondo vexo as casas das miñas veciñas e a carreteira. Moitas veces recordo os meus primos Lucas e Alba xogando co can. Moitas mañáns, cando subo a persiana os cans choran porque queren xogar. Gústame mirar moito pola ventá porque cando estou aburrida toco a frauta e Toby débelle gustar porque quédase inmóbil e non ladra.




