Inauguramos o 7 05 2014

O día 7 de maio inauguramos a nosa nova Biblioteca. Chamámoslle Rufiteca porque nela vive a nosa mascota lectora, Rufiño. Inaugurarémola enteira para o vindeiro curso, pero agora xa a usamos para empréstitos e devolucións de libros, sala de lectura e traballo escolar… A decoración aínda non está completa pero estamos moi orgullosos do traballo que levamos feito os de 6º coa magnífica árbore da entrada.

Enviámosvos o vídeo da inauguración e como o pasan de ben na Rufiteca os nenos e nenas do noso colexio.

Esquecinme de poñer o autor da música: “Cinematic Beautiful Emotional Classical Piano Theme Soundtrack 016” da fermosísima páxina de Jamendo.