Ola! Estou de volta, e cunha foto bonita. Xa que Palmira vos pon fotos xeitosas eu tamén quería compartir esta de hai un par de anos no Cultugal, aí en Pontevedra. Son eu, claro. Os de Pontevedra xa me coñecedes, pero os de Londres penso que aínda non.

Coñecedes ‘Gústame o galego’? Ao mellor ata tedes vós unha foto coma esta. Se a tedes molaría moito que a compartírades aquí.

Gústame o galego é unha iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL, http://www.ctnl.org) para que xente coma nós, á que lle gusta o galego poida ensinalo con fachenda. Ao mellor xa pasaron pola vosa escola, porque van facendo visitas para que todos e todas poidamos facer fotos coma estas.

Aquí podedes ver moreas de fotos de ‘Gústame o galego’: https://www.facebook.com/gustameogalego/photos_stream