Exposición Bravú XX (1994-2014)

A noite Santos de 1994, nunha taberna de Viana, Chantada, naceu o bravú. Unha etiqueta creada polos propios músicos que serviu para bautizar o rock cantado en galego, magma vizoso que entón estaba a agromar por todo o país. Vinte anos despois cómpre lembrar o comezo desta aventura. Unha referencia cultural e unha proposta de traballo colectivo que as persoas máis novas teñen dereito a coñecer.

O bravú comezou sendo guitarra e distorsión, mais axiña estendeu o seu berro de vida por outros camiños. Esta exposición recolle ese proxecto de axitación xeral, alicerce dunha tradición, e tamén impulso creativo para os novos tempos.

  • Panel 1: Tanta paixón quen poderá detela! “Nos 90 as guitarras eléctricas chegan á aldea”.
  • Panel 2: Smells like wild spirit .“Cheira como a caña brava” (José Colmeiro, Michigan State University) “Na antítese do concepto de Morriña está o bravú” (Miguel Anxo Murado, “Outra Idea de Galicia”)
  • Panel 3: Entre o rubán e o glocal (José Colmeiro). “O único xeito de chegar a ser realmente cidadán do mundo, é comezar por coñecer esa parte do mundo na que habitas”.
  •  Panel 4: Bravú, a revista que sae cando a situación o require
  • Panel 5: Que gusto é dar gusto a quen gusto sabe dar. “Nesta terra de mulleres que sementan berberechos na ribeira e patacas na eira” ( As Garotas da Ribeira)
  • Panel 6: Sesión bravú “Somos festivaleir@s”. “Eu fun á feira de San Sadurniño, canseime de viño, de rir e troular” (O Cuco de Velle)
  •  Panel 7: Andar polo mundo que bonito é!. “Desta aventura sairán cousas con vida propia” (Manu Chao).
  •  Panel 8: E de remate…que continúe! (Alexandre de Fisterra, inventor do futbolín).

Material: 8 lonas de 200x80cm montadas en cadanseu soporte tipo roller e 8 camisetas.

Observacións: o transporte e a montaxe resultan sinxelos, os paneis entréganse en cadanseu estoxo. Sostéñense sós; non precisan de parede onde se apoiar.

Lugar de recollida e devolución: Servizo de Normalización Lingüística do Concello.