Experimentos

Palmira, estiven facendo o experimento que nos dixeras da última vez. Ao principio tiña vergoña pero despois xa non. Miña nai non se deu moito de conta, pero o meu pai díxome: «porque falas todo o tempo en galego, mandoucho o profesor?» . Eu respondinlle que non e expliqueillo. Non no entendeu moi ben pero díxome que era unha boa idea. Expliqueillo por 2ª vez: «acórdaste de Palmira a de Ponte a Londres, faleiche dela, 1ª videoconferencia soache de algo?» . Despois ensineille o blog ( Xunto a xunqueira) onde hai un artigo da última vez que viñeches e ensineille varias fotos. Díxome que xa se acordaba e tamén.» a túa nai non se deu de conta?» . Respondínlle que non e logo marchou para o instituto de Bueu e eu fun con el. Seguimos falando polo camiño ata que se olvidou e empecei a falar en castelán. (Enviado por iniciativa de Sofía_ 6º de Campañó)