Do 18 ao 22 de xullo volven as #en3vistas

Chega o verán e volven as #en3vistas, unha iniciativa para coñecer a expoñentes da nosa cultura que empregan o galego de xeito normalizado. As rúas de Pontevedra acollerán a persoeiros dos mundos da música, da literatura, da creación e da artesanía, ciencia e das redes sociais. Susana Pedreira guiará todas as conversas, abrindo con Sés e Baiuca, artistas musicais cunha traxectoria e proxectos musicais moi consistentes. O martes continuaremos con Antía Otero e Dores Tembrás, da editorial Apiario, e con Ledicia Costas, consagrada escritora das nosas letras. O mércores baixaremos á Ponte do Burgo, onde estarán Elena Ferro, de Eferro, e Jordi López, de Aí Falaches. Continuaremos falando de ciencia con Ángel Carracedo e Loli Beloso o xoves nos xardíns do Doutor Marescot e finalmente remataremos conversando con Nee Barros, @neeumatiko, María Rúa Rodríguez, @pradorua, e Eric Dopazo, @unrapatransquilo. Achegádevos!

Podedes ver máis información sobre as persoas que participarán nas En3vistas aquí.

Todas as conversas serán retransmitidas a través do Instagram do Concello de Pontevedra, @pontevedrate, e podedes seguir calquera actualización ou información adicional no noso Instagram, @alingualatexa.