DescubreGalicia.com Presenta La Primera travesía en barco de papel del Mundo

Ola, como prometín esta mañá, aquí tedes o vídeo de dous valentes de Pontevedra que un día decidiron navegar en barquiña de papel polo Lérez, abraiante, non si?

E falando de barcos:

Dorna xeiteira, gamela curuxeira, gamela guardesa, bote polbeiro, buceta e racú, son nomes de embarcacións tradicionais galegas.

A Dorna: Estas embarcacións abundan nas Rías Baixas, pola vosa terra. Hai diferentes
tipos de dornas, unha delas é a xeiteira; que dedicábase fundamentalmente a pesca da
sardiña, practicando a arte do xeito, do xeito?

Queredes investigar sobre os diferentes tipos de embarcacións tradicionais de Galicia? Empezade pola rede buscando información, pero se tedes oportunidade visitade algúns dos fermosos museos do mar, como o de Bueu, o Museo Marea de Porto do Son, o Museo do Mar de Noia ou mesmo o de Fisterra, ides namorar das barquiñas para sempre.

E no Freixo, no Concello da Serra de Outes, no verán, no mes de xullo, hai unha festa sobre este tipo de embarcacións, moi fermosa.

E digo eu, en Londres sabedes facer barquiñas de papel?
Propoñedes algunha aventura con elas?