Ola! Chámome Niki e son estudante de galego. Teno 22 anos e son medio indio e medio irlandés.
Son dunha cidade no sur de Irlanda que se chama Cork. Falo inglés, espanol, francés e agora un pouquiño de galego! As linguas son unha paixón na miña vida 🙂
Teño un irmán e vivo cos meus pais nos arredores de Cork. Temos un can, chámase Patches. Gústame moito ir de paseo con el. Encántame coñecer xente nova, escribir, bailar, facer voluntariado e saír cos meus amigos pola noite. Pero, sobre todo, encántame viaxar e descubrir países diferentes. Vivín en Santiago de Compostela un ano e é o meu segundo fogar! Quero vivir alí cando remate a universidade.
Interésame moito a cultura galega. Desde a comida (vaia polbo!) ata a música, gústame todo de Galicia! En particular; as foliadas, a queimada e a cultura das tapas!! Galicia é incrible e moi bela.
Moitas grazas por ler isto, espero que vos guste o vídeo sobre Cork!
Niki



