Comezamos a viaxe. Ponte a Europa!

Ola, estamos de volta.

Se o ano pasado foi Ponte a Londres http://pontealondres.eu/ este ano é Ponte a Europa. Vós dende Campañó, Lérez e Xeve de Pontevedra. Eu dende Sardiñeiro en Fisterra.

Isaac dende dende Sheffiel, http://gl.wikipedia.org/wiki/Sheffield
Robert dende Birmingham, http://gl.wikipedia.org/wiki/Birmingham
Scott dende Oxford en Inglaterra http://gl.wikipedia.org/wiki/Oxford
Nikesh dende Cork, en Irlanda http://gl.wikipedia.org/wiki/Cork
Lucija e Matea dende Zadar, en Croacia http://gl.wikipedia.org/wiki/Zadar
Suliman dende Berlín, en Alemania http://gl.wikipedia.org/wiki/Berl%C3%ADn
Kasia dende Varsovia, en Polonia http://gl.wikipedia.org/wiki/Varsovia
Ilari dende Helsinki, en Finlandia http://gl.wikipedia.org/wiki/Helsinqui

Claro está o nome de Ponte Europa con esta presentación!
Dende Pontevedra a Europa e dende Europa a Pontevedra, en galego, na lingua que nos une e na lingua que nos fai! Conversaremos sobre as linguas, os lugares e as xentes que os habitan.

Xa o dicíamos o ano pasado na última e emocionante sesión: “Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas poden cambiar o mundo”.

Ponte a Europa vai ser un blog, feito por xente pequena, rapazas e rapaces dos colexios de lugares pequenos coma Xeve, Lerez e Campañó, que queren “cambiar o mundo”de maneira sinxela, que queren mudar a lingua, falar galego, amosar o seu pequeno mundo, amosar os seus lugariños, as historias e as xentes, a paisaxe, as cousas que conforman o noso sentir.

Comezamos a nosa viaxe, agarrádevos ben que veñen vídeos!
Eu xa botei a navegar, espero aquí sentada as vosas novas. Comezo dende aquí, na Praia do Rostro, un dos meus lugares preferidos da miña parroquia, Sardiñeiro, o lugar onde me criei e onde vivo.