O Apego volve a Pontevedra nesta primavera con novas propostas! Presentámosvos o calendario de actividades para a primavera no Apego. Estes próximos meses haberá moito xogo, moita música e sobre todo moita lingua en comunidade!
Todas actividades son de balde, mais cómpre inscribirse previamente aquí porque as prazas son limitadas.
Para anular a inscrición a actividade cómpre escribir un correo a normalizacionlinguistica@pontevedra.eu
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Xoves 31 de marzo
A xogar con Somos Xogo, con Xandobela
Para familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos
Obradoiro para aprender a xogar aos xogos de mesa presentados ao concurso Somos Xogo. Estes xogos están no portal de Somos Xogo dispoñibles para descarga.
— De 17.30 h a 19 h, na Casa Azul
Venres 1 de abril
Obradoiro de creación de xogos de mesa, con Xandobela
Dirixido a xente adulta (profesorado, asociacións e outras persoas interesadas)
Obradoiro para aprender a crear xogos de mesa.
— De 17 a 20 h, na Casa Azul
Para inscribirse a este obradoiro cómpre enviar un correo a alingualatexa@gmail.com
Mércores 6 de abril
Cantos e trazos, con Babaluva
Para familias con nenas e nenos de 2 a 6 anos
Obradoiro de xogos musicais para brincar coa música, o corpo, os desprazamentos e o debuxo e se introducen as cancións tradicionais das panadeiras e os cantos de andar.
— De 17.30 a 18.30 h, nos xardíns do dr. Marescot
Xoves do 21 de abril ao 9 de xuño
Xogando ando, con Xandobela
Para familias con nenas e nenos de 4 a 6 anos
Sesións semanais de xogos en familia para socializar e medrar en galego. Cada sesión tratará sobre un tema e pasarémolo en grande descubrindo e recuperando xogos de todo tipo que forman parte do noso patrimonio lúdico.
A inscrición é para todas as actividades. Para inscribirse a sesións soltas, cómpre escribir un correo a alingualatexa@gmail.com
— De 17.30 a 19 h, na illa do Covo
Sábado 28 de maio
Foliada en familia, con Trépia
Para familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos
Foliada infantil para aprender a cantar e bailar música tradicional. Traede merenda e, se tedes, instrumentos!
— De 18.30 h en adiante nos xardíns do dr. Marescot
Venres 10 de xuño
Entre arrolos e contiños, con Bea Campos de Migallas
Para familias con nenas e nenos de 0 a 3 anos
Sesión tranquila onde compartiremos historias, arrolos e contos con música da man de Bea Campos e do seu guitarrista de Migallas.
— Primeira sesión: de 17.30 h a 18 h, nos xardíns do dr. Marescot
— Segunda sesión: de 18.30 h a 19 h, nos xardíns do dr. Marescot
Mércores 22 de xuño
As herbas de San Xoán, con Ventos
Para familias con nenas e nenos de 0 a 6 anos
Actividade de campo na que contaremos a historia da noite de san Xoán e iremos na procura das herbas para facer o cacho.
— De 17.30 a 19.30 h na illa do Covo
Inscríbete aquí.