O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza esta actividade para crianzas de 8 a 12 anos o sábado 16 de novembro ás 12 h no Pazo da Cultura. Co obxectivo de promover e activar o uso da lingua entre a rapazada, Cambiando o conto: Carapuchiña vermella propón unha xornada de narración oral con carácter participativo que quere propiciar, ademais, unha reflexión colectiva sobre os roles de xénero e as distintas violencias que os atravesan. Para isto, partirase de dous coñecidos personaxes de conto: o Lobo e a Carapuchiña.
A actividade desenvolverase no escenario do Auditorio do Pazo da Cultura. Encheranse as prazas por orde de chegada, mais é posible asegurar unha praza escribindo a alingualatexa@gmail.com.