Inicio Para ti Bótalle un conto

Bótalle un conto

Se tes un conto que contar, anímate a participar.

Bótalle un conto é un certame de contos orais non profesionais. Esta iniciativa de normalización lingüística busca prestixiar e visibilizar as persoas galegofalantes e promover a participación interxeracional, pero tamén prestixiar os trazos dialectais, visibilizar a variedade e a viveza das falas locais e, sobre todo, mostrar a habilidade para emocionar e engaiolar coa palabra.

Estrutúrase en xornadas de gravación dos contos en distintos puntos do concello: nos locais sociais das parroquias e nalgún punto da cidade. Despois un xurado profesional seleccionará as persoas finalistas. A final será un acto aberto onde o público escoitará os contos seleccionados en directo.

Inscríbete aquí

Formulario de inscrición en apuntate.pontevedra.gal

Vídeo edición 2023

Edicións anteriores

Vídeo edición 2022