Arranca o grupo de teatro de Normalización Lingüística

Desde o Servizo de Normalización Lingüística puxemos a andar un grupo de teatro para practicar e mellorar o uso da lingua galega.

Este grupo é para persoas de máis de 17 anos, e está pensado para traballar dinámicas que favorezan o uso da lingua galega nun contexto de ocio, diversión e de expresión creativa. A través de técnicas de improvisación, as persoas participantes irán expresando e creando de xeito colectivo e cun enfoque diverso. A actividade será os martes de 18.45 a 20.45 na Casa Azul.

Se queres apuntarte podes escribir un correo a normalizacionlinguistica@pontevedra.eu.